A 'ITV' obrigatoria para 120.000 edificios galegos de máis de 50 anos comezará en maio

Os concellos poderán definir un calendario para que os propietarios presenten o informe técnico.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/04/2021 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

O informe de avaliación do estado dos edificios, a denominada 'ITV' dos inmobles residenciais e que será obrigatoria para aqueles que teñan máis de 50 anos, comezará a funcionar o próximo mes de maio, cando entrará en vigor o decreto que regula a creación deste documento de inspección que velará polo correcto estado de conservación das construcións antigas.

Casco vello de Allariz
Casco vello de Allariz | Fonte: XMF

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes o decreto polo que se crea, ademais do informe de avaliación do edificio (IAE), o rexistro no que deberán figurar as inspeccións técnicas dos inmobles residenciais de máis de 50 anos.

Deste xeito, os propietarios destes inmobles terán un prazo (pendente de definir pola Xunta) para encargar e elaborar o informe, do que quedan excluídos os edificios que conten cunha declaración firme de ruína.

Así mesmo, os concellos poderán establecer un calendario para a presentación gradual destes informes que, coa entrada en vigor desta nova normativa aprobada en Consello da Xunta a comezos de abril, velará polo correcto estado de conservación dos inmobles residenciais.

Segundo as cifras ofrecidas hai dúas semanas tras recibir o visto e prace do Executivo galego para a creación desta 'ITV' para edificios, estímase que son uns 120.000 os inmobles de uso residencial de máis de 50 anos e que, a partir de maio, terán que pasar un exame acerca do seu estado de conservación, o cumprimento da normativa sobre accesibilidade e o seu grao de eficiencia enerxética. O informe tedrá unha validez por un período de 10 que, transcorrido ese tempo, deberá ser renovado.

O decreto dá a opción aos concellos que o desexen de elaborar un calendario para a presentación do IAE naqueles inmobles que xa cumprisen 50 anos ou máis. Con todo, deberán cinguirse a uns prazos, pois non poderá excederse o ano desde a entrada en vigor da normativa para os edificios catalogados e tres anos como máximo para o resto de edificios.

No caso daqueles inmobles que aínda non alcanzasen o medio século, o IAE terá que levar a cabo dentro dun prazo máximo dun ano desde o momento en que se cumpran os 50 anos ou o mínimo establecido pola normativa municipal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta