Un xulgado anula unha multa a unha muller por non levar máscara na rúa en Sanxenxo

Entende que os concellos non tiñan competencias para multar por estes feitos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/04/2021 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo anulou unha sanción de 100 euros que impuxo o Concello de Sanxenxo en xullo de 2020 a unha muller por non levar máscara na rúa, ao entender que os concellos eran incompetentes para multar por estes feitos ata que se aprobou a reforma da Lei de saúde de Galicia, en febreiro de 2021.

Varias persoas pasean polo paseo marítimo de Sanxenxo
Varias persoas pasean polo paseo marítimo de Sanxenxo | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press.

Na sentenza, na que anula unha sanción imposta polo Concello de Sanxenxo por este motivo, o xuíz indica que ata a reforma da lei autonómica os concellos só tiñan "responsabilidades mínimas en relación ao obrigado cumprimento das normas sanitarias e ao control sanitario en determinados espazos ou ámbitos", entre os que non se incluía a vía pública.

Na resolución, contra a que non cabe interpor recurso, o maxistrado anula a sanción municipal contra unha muller e engade que, aínda que se acreditou a súa culpabilidade, o Concello de Sanxenxo carecía de competencia sancionadora porque os feitos sucederon na vía pública, nos que a competencia para impor este tipo de multas era da Xunta e non dos concellos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta