Meirás pon a xestión cultural da Xunta baixo os focos: "non se desenvolveu a Lei de Patrimonio"

O CCG analiza nun foron a xestión pública do patrimonio nun momento particularmente convulso pola sentenza que permite aos Franco quedar cos mobles de Meirás.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O anuncio da Sección Terceira Audiencia Provincial da Coruña dando a razón á Familia Franco e decretando que deberán ser indemnizados polo Pazo de Meirás vén de prender un lume arredor da xestión do patrimonio que, malia os esforzos de certas plataformas, ameaza con derivar na perda do inmobiliario de Meirás, que pasaría de ser patrimonio público a volver aos petos dos Franco.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no pleno. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no pleno. XUNTA

A nova do polémico anuncio da Audiencia Provincial chegou pouco antes de que o Consello da Cultura Galega (CCG) celebrara este mércores a segunda das sesións do “Foro Patrimonio e Sociedade”, que, entre outras cuestións, está orientada ao estudo das políticas públicas e a normativa legal en materia de patrimonio. 

As conclusións expostas nesta xornada, ao cargo da mesa comandada por Teresa Nieto e Cristina Sánchez-Carretero, expuxo como pricipal das súas conclusións a necesidade de situar o patrimonio no foco das políticas públicas “como un elemento transversal e non sectorial”, á parte de outorgarlle unha comisión específica no Parlamento dentro da súa Comisión de Cultura. 

As conclusións de Nieto e Sánchez-Carretero, que chegan como resultado de máis dun ano de investigación, oriéntanse tamén á necesidade de poñer o patrimonio no centro das políticas  públicas “Non hai transversalidade se non se pon o patrimonio no foco” explicou Teresa Nieto a respecto dunha circunstancia na que hai “competencias suificentes” pero sen ferramentas da administración: “Non se desenvolveron os instrumentos fixados na Lei de Patrimonio Cultural e ademais cómpre dotala de recursos” apuntaron nas conclusións preliminares.

SALVAR OS MOBLES

Precisamente, a Lei de Patrimonio Cultura vén de ser sinalada pola Iniciativa Galega pola Memoria como un recurso legal polo cal a Xunta podería optar de cara a impedir que a familia franco conseguira retirar os mobles do interior do Pazo de Meirás, tal e como está contemplado na sentencia da Audiencia Provincial. 

OBSERVATORIO DE EDUCACIÓN PATRIMONIAL

 

Este mércores rematou as xornadas deste “Foro Patrimonio e Sociedade”. Rebeca Blanco-Rotea e Juan Monterroso foron os encargados de expor as conclusións da Mesa 3 deste Foro que se centraba na relación entre educación, formación e cidadanía. Na súa intervención destacaron o traballo feito por todas as asociacións e entidades en defensa do patrimonio e propuxeron a creación dun Observatorio de Educación Patrimonial que documente o que se fai nesta materia en Galicia, e dun Plan de Educación Patrimonial de Galicia orientado á formación patrimonial estratéxica ao longo da vida.

 

Todas as intervencións se sistematizarán e integrarán no documento final que se presentará no verán e que terá forma dunha guía práctica. Os relatorios foron gravados e están a disposición da cidadanía no web do CCG.

O Foro Patrimonio e  Sociedade, reorganizado dende 2020 por mor da pandemia, é definido polo CCG como “unha liña de traballo da Sección de Patrimonio e Bens Culturais” que “busca xerar debate e difusión entre a cidadanía, as administracións e os profesionais arredor de bens patrimoniais sobre os que se estean a desenvolver actuacións”. Rebeca Blanco-Rotea coordina esta Sección, integrada por profesionais como Carlos Amoedo, Cristina Sánchez- Carretero, Iago Seara ou Rosa Benavides.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta