A Xunta destinará un millón de euros na mellora de vivendas de promoción pública

Poderán beneficiarse os edificios promovidos polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e os transferidos á Comunidade Autónoma.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2021 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia destinará un millón de euros a axudas a comunidades de propietarios de vivendas de promoción pública para a reparación, rehabilitación e/ou adaptación dos edificios de vivendas promovidos polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) ou transferidos á Comunidade Autónoma.

Así o establece, segundo informa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a resolución que este mércores publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) coa convocatoria das mesmas para 2021.

Destas subvencións, que xa favoreceron a case 2.800 vivendas de promoción pública desde 2016, poderán beneficiarse as comunidades de propietarios dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo IGVS e dos transferidos á Xunta. "Sempre que non recibisen outra axuda do IGVS para realizar obras polo mesmo concepto no dez anos inmediatamente anteriores ao da convocatoria", precisa o departamento autonómico.

As solicitudes poderán presentarse durante o prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación da resolución no DOG polo que terminará o 22 de xuño.

Arquivo - Edificio de vivendas en venda a 20 de outubro de 2020.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Edificio de vivendas en venda a 20 de outubro de 2020.. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta