Allariz premiará a creación literaria en galego

A Biblioteca Municipal convoca a primeira edición do 'Certame de Relato Curto para Afeccionados'.

Por X.M. Fernández | Allariz | 24/04/2021 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

A nosa literatura é abondosa no eido narrativo, e moi froitífera en relatos curtos nos que se contan historias ficticias nun espazo de tempo curto, poucas personaxes, descricións breves e escasas divagacións.

Concello de Allariz
Concello de Allariz | Fonte: GC

O relato curto "mostra o que ocorre e ensina a historia a través dunha acción estruturada deixando ao lector que deduza parte dos feitos e se atope cun final inesperado", abondan dende a Biblioteca Municipal de Allariz.

A técnica desta biblioteca explica que "o obxectivo principal do certame é crear un espazo común co fin de promocionar a creación literaria en lingua galega".

Esta primeira edición do certame contará con tres categorías. A primeira ata os 11 anos, a segunda de 12 a 17 anos e de 18 anos en adiante. Cada categoría terá 3 premios que serán vales para gastar no Comercio Local de Allariz.

O prazo de envío dos textos finalizará o 12 de maio de 2021 ás 14:00 h. e o fallo do xurado darase a coñecer o 17 de maio tanto en Facebook como no xornal do Concello de Allariz. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta