A Xunta lanza a convocatoria para que municipios de menos de 5.000 habitantes cren plans de abastecemento autónomo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2021 | Actualizada ás 21:02

Comparte esta noticia

A Xunta lanzou este mércores unha convocatoria para promover a implantación de plans municipais de abastecemento autónomo en concellos galegos de menos de 5.000 habitantes, unha iniciativa coa que contribuirá á elaboración dos plans municipais de abastecemento autónomo en 6 concellos.

Por medio desta convocatoria, á que destinará 900.000 euros, o obxectivo é que os concellos dispoñan de información detallada sobre o nivel de garantía do abastecemento de auga potable á súa poboación, máis aló das súas redes municipais, así como que conten cun instrumento básico para planificar as intervencións de mellora precisas.

As localidades interesadas dispoñen dun prazo dun mes para presentarse. Entre as expresións de interese recibidas, Augas de Galicia seleccionará os concellos "máis adecuados" para o desenvolvemento dos plans, financiando o analisis de ata 200 pequenos sistemas de abastecemento de auga de consumo nestes municipios.

Este organismo, ademais, dirixirá e supervisará os traballos de elaboración, acompañará e asesorará aos concellos durante todo o proceso, e divulgará os resultados co fin de fomentar a elaboración de máis plans municipais de abastecemento autónomo.

Unha depuradora verque resíduos ao río Tea
Unha depuradora verque resíduos ao río Tea | Fonte: ADENCO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta