A facturación da industria galega cae un 4,6% en febreiro, menos que a media

Só unha comunidade, Cantabria (+1,4%), ten rexistros positivos no segundo mes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2021 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

A cifra de negocios da industria galega caeu un 4,6% en febreiro en comparación co mesmo mes de 2020, segundo os datos publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este descenso é inferior á baixada media no estado (-5,5%). Só unha comunidade, Cantabria (+1,4%), ten rexistros positivos no segundo mes.

Deste xeito, a facturación da industria galega acumula dous meses de baixadas interanuais consecutivas, xa que en xaneiro anotouse un retroceso do 6,3%. Isto deixa unha diminución media do 5,5% no que vai de ano.

En España a cifra de negocios da industria caeu un 5,5% o pasado mes de febreiro respecto ao mesmo mes de 2020, taxa 4,5 puntos superior á de xaneiro (-10%) e preto de 35 puntos máis moderada que o esborralle histórico de abril de 2020, cando a paralización case total do sector durante a primeira metade de mes levou a un retroceso das vendas superior ao 40%.

Fábrica de Finsa. FINSA - Arquivo
Fábrica de Finsa. FINSA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta