O xuízo do Alvia "podería comezar no primeiro trimestre de 2022", case nove anos despois do mortal accidente

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera "imposible de calcular" a duración que terá, tendo en conta que "son 195 acusacións" e "120 os avogados que van intervir".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/04/2021 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde, asegurou que o xuízo polo accidente do Alvia ocorrido no barrio compostelán de Angrois en xullo de 2013, no que faleceron 80 persoas e 144 resultaron feridas, "podería comezar no primeiro trimestre" de 2022.

Accidente do Alvia en Angrois en 2013
Accidente do Alvia en Angrois en 2013 | Fonte: Europa Press.

Así se pronunciou tras manter unha reunión con xuíces en Santiago de Compostela e ao ser preguntado polas previsións para este xuízo despois de que a Audiencia Provincial da Coruña ratificase o peche da instrución sobre o sinistro.

O presidente do TSXG explicou que, unha vez que se decrete o auto de apertura de xuízo oral --que se calcula que será antes de agosto--, "faranse os trámites necesarios para remitir o asunto ao xulgado do penal" de forma que "o xuízo podería comezar no primeiro trimestre" de 2022.

Precisamente, conforme explicaron fontes xudiciais, cando o asunto estea no xulgado do penal, iniciarase a organización do xuízo e decidirase o espazo no que se celebrará dada a dimensión da causa e as partes implicadas.

José María Gómez y Díaz-Castroverde afirmou que a duración que poderá ter este xuízo é "imposible de calcular" tendo en conta que "son 195 acusacións" e "120 os avogados que van intervir", ademais do Ministerio fiscal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta