O home xulgado en Ourense por abuso sexual á súa sobriña menor négao e liga a denuncia con "motivos económicos"

Fiscalía eleva a definitivas as súas conclusións e o caso queda visto para sentenza

Por E.P. | Ourense | 22/04/2021 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

A defensa do home xulgado este xoves en Ourense por abusar sexualmente da súa sobriña, menor de idade, negou os feitos e defendeu que "nunca pasou".

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

Os feitos remóntanse ao 24 de decembro do 2018 cando o procesado, de 20 anos no momento, sen antecedentes penais, aproveitando que a súa sobriña de 13 anos se ía deitar, e que durmían ambos en habitacións contiguas no domicilio dos pais da menor, introduciuse na súa habitación, deitouse ao seu lado e comezou a tocala para a continuación espila e penetrala , segundo recolle o escrito fiscal.

"A menor non opuxo resistencia pola vergoña que lle daba o que estaba a ocorrer ou polo temor que tiña ao seu tío", cita tamén o escrito. Por estes feitos constitutivos dun delito de abuso sexual a un menor a Fiscalía solicita dez anos e un día de prisión.

A denuncia realizouna a nai da menor e cuñada do acusado unha semana máis tarde do sucedido.

Na vista oral, a defensa do acusado negou os feitos censurando que había "unha boa relación" na que mesmo "ela era o seu confidente e ao revés" pero que "nunca pasou" de aí. Así mesmo, solicitou a declaración dun forense expondo que "a menor se negou a ser explorada".

Para a defensa, o motivo da denuncia foi económico xa que "o acusado era o único membro da unidade familiar que traballaba".

Fiscalía elevou as súas conclusións a definitivas mentres que a defensa pediu a libre absolución e a atenuante de grao de madurez no caso de condena.

O caso quedou visto para sentenza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta