A alcaldesa da Coruña apela á "responsabilidade social" de Repsol ante o ERTE

O expediente de regulación temporal de emprego afectará ao 31% do persoal.

Por E.P. | A Coruña | 22/04/2021 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apelou á "responsabilidade social" de Repsol para o mantemento dos postos de traballo ante o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) anunciado pola empresa e que afectará ao 31% do persoal.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o concelleiro de Economía, José Manuel Lage, reúnense co comité de empresa da refinaría de Repsol
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o concelleiro de Economía, José Manuel Lage, reúnense co comité de empresa da refinaría de Repsol | Fonte: Europa Press.

Preguntada sobre a reunión co comité de empresa, trasladou o "apoio incondicional" aos traballadores para "defender a viabilidade da planta".

"Esperamos que ese ERTE sexa levantado canto antes", sentenciou a rexedora, quen incidiu nos "necesarios investimentos que ten que facer Repsol para garantir esa viabilidade". "Para ser máis eficientes, máis sustentables e adaptarnos á nova realidade".

Á súa vez, o comité da refinaría destacou o contido do encontro enmarcada na procura de apoios contra un ERTE que rexeitan e contra o que convocaron unha concentración este venres ante a empresa e o sábado unha manifestación.

Mentres, o deputado do BNG no Congreso Néstor Rego reclamou ao Ministerio de Traballo que investigue as causas alegadas por Repsol para o ERTE e sostén que a información anunciada pola empresa ata o momento "só fai referencia a causas de produción pero, se estas non se acreditan adecuadamente, podería cualificarse como un expediente de regulación de emprego temporal fraudulento".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta