A conselleira do Mar, a primeira integrante do Goberno de Feijóo en vacinarse

Será este venres e está chamada a vacinarse na franxa de entre 60 e 65 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2021 | Actualizada ás 21:24

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, converterase este venres na primeira integrante do Goberno que dirixe Alberto Núñez Feijóo en vacinarse contra a covid-19.

O Executivo autonómico ratifica na súa axenda que a responsable de asuntos pesqueiros na Comunidade recibirá a primeira dose da vacina na Sala Eisenman da Cidade da Cultura.

Nada en 1959 e a única, xunto co vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, que acompaña ao dos Peares desde o primeiro mandato de 2009, está citada no marco das vacinacións programadas para a franxa de entre 60 e 65 anos.

En concreto, a área sanitaria de Santiago informou nesta mesma xornada de que para este venres na Cidade da Cultura están citadas un total de 3.200 persoas de entre 60 e 65 anos.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a súa comparecencia no Parlamento de Galicia. XUNTA
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a súa comparecencia no Parlamento de Galicia. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta