A titular de Mar aproveita a súa vacinación para criticar ao Goberno central

Ofrece que Galicia forneza as doses ao ISM para inmunizar xa aos mariñeiros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2021 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, recibiu este venres a dose de Astrazeneca que lle corresponde por idade, coa que xa quedou inmunizada por superar tamén a infección recentemente. Tras a picada e o tempo 'regulamentario' de espera por se causa reacción, aproveitou a presenza dos medios de comunicación para animar a acudir á vacinación e, tamén, para criticar ao Gobernoc entral.

Así, manifestou a súa "preocupación" polas declaracións da ministra de Sanidade, Carolina Darias, en referencia a que os mariñeiros serán vacinados cando "lles toque" por idade e esixiu un cambio de opinión e que se lle dea luz verde ao Instituto Social da Mariña (ISM) para que proceda á inmunización deste colectivo. Respecto diso, advertiu de que non vai ser un problema de "subministración" e que a propia Xunta está disposta a enviar ao ISM as vacinas necesarias para completar esta acción.

O Goberno galego pediu en varios consellos interterritoriais que se considere aos mariñeiros como grupo esencial a vacinar e, ademais, explicou a idoneidade de administrar a fórmula de Janssen, cuxas primeiras 8.350 dose chegaron o mércores a Galicia.

A idea é que, como esta vacina é dunha única dose, se adsministre a este colectivo co obxectivo de que non estea condicionado para acceder ás segundas doses polas mareas, xa que en ocasións poden atoparse ata dúas semanas fose consecutivas. En días pasados, Quintana asegurou que o ministro de Seguridade Social, José Luís Escrivá, mostrouse aberto a esta vacinación, pero a titular de Sanidade arrefriou esta posibilidade inmediata.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a súa comparecencia no Parlamento de Galicia. XUNTA
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a súa comparecencia no Parlamento de Galicia. XUNTA

GALICIA PODE FORNECER

Dado que o ISM estaba "disposto" a facer a vacinación, a Xunta considera que "a ministra (de Sanidade) ten que dar orde xa para que o ISM poida, aproveitando a loxística que ten, empezar coa vacinación dos mariñeiros".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta