O perfil das vítimas de violencia sexual que piden axuda: mulleres de 30 anos e con fillos

A Fundación Meniños atende a 80 anualmente.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/04/2021 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

A Xunta asinou este venres coa Fundación Meniños un convenio de colaboración en materia de intervención e asistencia a mulleres vítimas da violencia sexual.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, estivo acompañada polo delegado provincial, Gonzalo Trenor, na súa visita ao centro da Fundación. En declaracións realizadas aos medios, a conselleira de Emprego e Igualdade sinalou a Galicia como "pioneira" nesta materia, xa que na lexislación recoñécese ás vítimas de violencia sexual, como vítimas de violencia de xénero.

Este representa o primeiro dos nove convenios que se asinarán para a asistencia e intervención de mulleres vítimas da violencia de xénero. María Jesús Lorenzana definiu estas colaboracións como "fundamentais" para a Xunta e para a sociedade.

Esta colaboración servirá tamén para axudar aos seus familiares, que "son vítimas directas ou indirectas da violencia de xénero", segundo dixo a conselleira. Este programa terá un investimento de 65.000 euros.

80 MULLERES Ao ANO

A directora da Fundación Meniños, Mónica Permuy, afirmou que actualmente traballaban con 71 mulleres vítimas da violencia sexual, pero que a cifra anual adoita roldar as 80. A idade media das afectadas é de 30 anos e con fillos.

Mónica Permuy explicou que o obxectivo da Fundación é traballar coas familias, para así protexer aos máis pequenos. A directora da Fundación afirmou que unha muller que está a sufrir está situación, non ten "ningunha capacidade" para coidar aos seus fillos. Así, o primeiro paso na protección está na "vinculación entre nais e fillos".

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, da Fundación Meniños.. MONCHO FONTES/XUNTA / Europa Press
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, da Fundación Meniños.. MONCHO FONTES/XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta