Máis de 500 multas en Cambre desde o inicio da pandemia por incumprimentos da normativa sanitaria

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/04/2021 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

A Policía Local de Cambre interpuxo máis de 500 multas por incumprimentos na normativa covid-19 desde o inicio da pandemia, segundo informa.

Policía Local
Policía Local | Fonte: EFE

A maioría (máis de 200), foron a particulares que non levaban posta a máscara. No entanto, tamén foron frecuentes as denuncias por reunións ilegais de persoas non conviventes, por pasar o peche perimetral e por realización de botellóns, entre outras causas, precisa o consistorio.

O alcalde, Óscar García Patiño, incide en que "a maioría dos veciños e veciñas actúa con responsabilidade e cumpre con todas as medidas". No entanto, apela a "non baixar a garda para evitar que se produzan novos contagios".

Por outra banda, o consistorio lembra que, coincidindo co cambio no nivel de restrición, que entrou en vigor esta semana, a Policía Local reforzou os controis para velar polo cumprimento das novas medidas.

En total, desde o pasado venres e ata esta xornada, interpuxéronse outras 33 denuncias: 18 por pasar o número máximo en reunións de non conviventes, seis por incumprimento do toque de queda, tres por faltas de respecto, seis por non usar a máscara e por estar a fumar sen manter a distancia interpersoal de seguridade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta