GC Aberto

O reino de Meicende

Por admin | GCAberto | 24/04/2021

Comparte esta noticia

As veciñas de Arteixo e, máis concretamente, as de Meicende agardamos espectantes a gran visita.

Meicende, Arteixo
Meicende, Arteixo | Fonte: grupocoruña.es

Levamos anos preparadas para o recibimento da Raiña de ben emérita.

Elevamos grandes fachos a través da refinería para iluminar a sua chegada.

Soarán detonacións do porto exterior coma canóns de infantería en homenaxe a tan destacada figura.

Vestiremos as nosas máis preciadas galas deseñadas polo gran Amancio Ortega.

As grandes empresas de industria, prensa ou téxtiles deste concello levan meses facilitando a nosa asistencia ó

acto a través de eres, ertes ou despidos individuais

E coma telón musical, os grandes éxitos de son fabril da antiga Alcoa, que durante décadas alimentou os soños e

pulmóns das habitantes do Petón, en Meicende.

Incluso cortaremos o tránsito de nómadas consumidoras de heroína na rúa de San Xosé, para que nada albisque

a súa presencia.

Non hai mellor intre, xa que por fin a sindemia deunos un acougo e por fin abriu as fronteiras deste noso concello,

un dos que máis tempo estivo fechado de todo o Estado español, o voso Estado español.

Levamos a nosa humilde condición crabada na caluga coma adn, o cal nos fai máis que merecedoras para o

recibimento da gran Raiña de ben emérita.

Non podemos máis que dar as grazas pola súa aportación e adicación para consolidar a situación óptima na que

nos atopamos para o gran recibimento.

Así se faga o desexo dun poema: a revolución será en Meicende ou non será

Aurora Abelairas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta