Localizan morto o home desaparecido este venres en Ribas de Sil

Foi achado moi preto do río que discorre polo lugar de San Pedro.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 24/04/2021 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

O corpo sen vida dun sesaxenario desaparecido na tarde deste venres en Ribas de Sil (Lugo) foi localizado este sábado polos axentes da Garda Civil.

Segundo informa, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso cando faltaban dez minutos para o mediodía.

Segundo a información facilitada polos voluntarios de Protección Civil da localidade aos xestores do 112 Galicia, o home desapareceu do seu domicilio na tarde deste venres. Ata o lugar tamén se desprazaron os membros do GES de Quiroga.

Finalmente, tras o rastrexo, sobre as 12,30 horas, a Garda Civil comunicou o achado do cadáver moi preto do río que discorre polo lugar de San Pedro.

Axentes da Garda Civil
Axentes da Garda Civil | Fonte: Ministerio do Interior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta