O BNG lembra os Mártires de Carral

Que Santiago non quede sen unha estatua ao alcalde Ánxel Casal e retirar o nome da Avenida Juan Carlos I, demandas para Compostela. O Bloque tamén esixe actuar para que as esculturas do Mestre Mateo non saian de Meirás.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/04/2021 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

O BNG de Santiago organizou un acto para lembrar o 175 aniversario dos acontecementos relacionados cos Mártires de Carral, un momento histórico singular que tivo Compostela como escenario, tendo en conta que --en palabras de Goretti Sanmartín-- houbo "unha xeración que abraza Galicia como proxecto político e que empeza a preocuparse para saír da situación de sometemento que padece".

Acto do BNG en recordo do aniversario dos Mártires de Carral
Acto do BNG en recordo do aniversario dos Mártires de Carral | Fonte: BNG.

Sanmartín enmarcou esta iniciativa nos traballos pola memoria histórica que desenvolve o BNG no ámbito local.

Respecto diso, lembrou que hai ano e medio presentouse a proposta para crear unha Comisión municipal pola Memoria histórica, que se vai a constituír por vez primeira a próxima semana.

Así, avanzou que nesta comisión o Bloque reclamará que Santiago de Compostela "non quede sen unha estatua ao alcalde Ánxel Casal, a retirada do nome da Avenida Juan Carlos I, como acaba de ser aprobado polo BNG en Pontevedra a prol dunha muller como Virxinia Pereira, e o seguimento a todo o que vai suceder coas esculturas do Mestre Mateo en poder da familia Franco".

Sobre todo, remarcou, despois da última sentenza da Audiencia "que demostra que hai franquismo despois de Franco e que queren que sigamos pagando aos espoliadores, a quen estivo a roubar patrimonio galego".

Deste xeito, aproveitou para instar á comisión técnica activada tanto no Concello de Santiago como no Parlamento, "que se reuniu e ten estudos avanzados", a que dea os pasos necesarios para que Xunta e Estado actúen co fin de evitar que as estatuas do Mestre Mateo saian de Meirás e sexan devoltas ao patrimonio público".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 nostrus

Bueno, é ben sabido que o bloque condena unhos golpes e agrádanlle outros. O do 1-O do 2017 é do seu agrado e o de 1846 tamén, pero o bloque amosa o seu despiste porque inda que era un golpe que se queixaba da situación de Galicia, ao mesmo tempo reafirmaba a sua españolidade. O BNG demostra que non é un partido serio e o mellor é non facerlle p.to caso.