"Convenzamos a Google das vantaxes do galego"

GC entrevista a Iago Varela, membro de Mallando no Android, blog de tecnoloxía que puxo en marcha unha iniciativa cidadá para que Google incorpore o idioma do país ao sistema operativo que usan a maioría dos teléfonos intelixentes.

Por Galicia Confidencial | | 09/10/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O galego non ven incorporado como idioma nativo en Android. Sufren esta mesma eiva idiomas como o catalán e o vasco?

Iago Martínez de Mallando no Android fedellando no móbil
Iago Martínez de Mallando no Android fedellando no móbil

O caso do vasco é semellante ao do galego, xa que tampouco figura entre os idiomas nativos de Android e dependen da vontade dos diferentes fabricantes. O catalán pola súa banda leva xa bastante tempo sendo unha das escollas idiomáticas dispoñíbeis.

Pero cal é exactamente a situación do galego no Android. Porque existir existen aplicacións en galego e hai posibilidade de utilizalo no sistema operativo dalgúns móbiles ...

Partimos da base de que Google desenvolve as diferentes versións do sistema operativo Android, que logo son distribuídas entre os fabricantes que o empregan nos seus trebellos. Esta base non está traducida á nosa lingua, polo tanto, se un determinado fabricante quere ofrecer o galego nalgún dos seus dispositivos debe traducilo el mesmo, aínda que se trata dun apaño e non dunha tradución real: se se instala unha aplicación que ten diferentes linguas (entre elas o galego) non lle aparecerá directamente en galego, teríao que escoller nos menús da aplicación. 

Sería máis doado utilizar o móbil en galego ...

Iago Martínez de Mallando no Android coas Google Glass
Iago Martínez de Mallando no Android coas Google Glass

Coa base de Android traducida, o sistema sabería que ten que amosar a aplicación en galego, de xeito transparente para o usuario. Ademais, non se tería a dependencia de ter que escoller un fabricante determinado, valería calquera que usase Android para poder disfrutar do galego.

Que argumentos se poiden utilizar para que un xigante como Google atenda a petición dun grupo, de escala reducida a nivel global, como son os galegofalantes?

O principal argumento é a nosa propia existencia. Somos unha comunidade lingüística de máis de 3 millóns segundo os datos oficiais, que ademais non é descoñecida pola compañía, xa que eles mesmos teñen traducido ao galego diferentes servizos (o buscador, YouTube, Drive...). Daquela a pregunta é, por que non Android, se é o sistema operativo que usan máis do 90% das galegas e galegos que teñen un teléfono intelixente? Nós cremos que unha proporción tan alta de usuarios ten dereito a ser escoitada.

Como está a ser a resposta da comunidade internauta galega? Van por máis de 2.300 peticións en Change.org ...

Certamente estamos moi sorprendidos do éxito que está a ter a campaña, aínda que tamén é certo que non é a primeira vez que a comunidade internauta galega responde así de ben cando se trata de introducir o galego nas novas tecnoloxías, lembremos o recente caso da tradución de Twitter ao galego.

Noutras ocasións, o problema de non ter versión en galego dun sistema operativo solventouse con diñeiro público. É dicir, coa Xunta pagando cartos de todos os galegos a Microsoft e a Apple para que traduciran os seus programas. Co Android sería unha solución válida? 

Desde logo sería a opción máis doada para acadar tal fin, pero sinceramente nós cremos que a labor da Xunta debe ser pedagóxica, explicar a Google as vantaxes de ofrecer os seus servizos en galego e non solventar este problema a golpe de talonario. Google ten os recursos económicos para facelo sen precisar subvencións ou complementos de fondos públicos.

Cando lle pode custar a Google incorporar o galego a este sistema operativo?

Non demasiado, temos que ter en conta que esta multinacional conta con lingüístas especialistas no noso idioma traballando tanto na tradución ao galego dos seus servizos como na mellora do recoñecemento e a a síntese de voz. Sería cuestión de poñer a un grupiño a traballar específicamente nismo máis ca unha inversión específica.

A operadora R, o estudo Smart GalApps, a firma Neobit, RedInput, Zadia Software, Mobialia e HardGalicia son as empresas que polo de agora apoian a inciativa. Que vantaxes económicas pode traer para Galicia ter o Android en galego? Ou trátase só dun problema de autoestima?

Máis ca un problema de autoestima trátase dun problema de Páis: se temos unha lingua propia, por que non imos ter dereito a usala nos nosos trebellos? Doutra banda, as vantaxes económicas veñen soas: temos unha rea de empresas que usan a nosa lingua por convicción e por principios, algo que os usuarios agradecemos moito, ademais dunha gran comunidade de desenvolvedores de aplicacións móbiles que saben que ofrecer os seus servizos en galego é un valor engadido. De seguro que moita xente escollerá entre dúas aplicacións cun mesmo fin a que teña opción de galego, por proximidade.

E ademais de asinar a prol do Android en galego en Change.org, que pode facer os particulares interesados en apoiar a iniciativa?

Existe un fío de discusión nos foros oficiais de Google no que se solicita a tradución de Android ao galego. Como parte da campaña pedimos aos usuarios que pasen por aló para deixar mensaxes a prol de conseguir este fito, pois por aló pasan traballadores da compañía do "Gran G."

E nas redes sociais?

Non menos importante é a colaboración na difusión da iniciativa, empregando a etiqueta #AndroidEnGalego, para dar a coñecer a mesma e achegala a máis xente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

7 Non existen

O lusismo galego non existe, son portugueses e algún zamorano, aos que alguén lles paga por espallar a súa morralla intelectual.

6 GZemP

Os meus telefones desde o primeiro que tive até o ultimo sempre incorporaram o galego, chamam-lhe português mas que mais me tem a mim. A ver, o da inteligência não pode ficar só para os telefones.

1 Cadunaoseu

O galego non é portugues, parecese si pero non é o mesmo.

2 GZemP

O galego não é galego, parece-se mas não é o mesmo.

4 rwtp

Nin españoles, nin portugueses. Ningún deses estados ruins poderán conquistarnos.

3 Jmpb

Alucino com as poucas luzes de algumha gente... Pretendem mudar o mundo inteiro antes de reconhecerm de si rpóprios que estám enganados na sua focagem. E baseados na sua tese de que é o mundo inteiro quem está enganado e nom os compreende, querem que a Google (que provavelmente tenha mais empregados que falantes de galego na GAliza) inclua o galego-ILG antes que inserirmo-nos com normalidade no nosso mundo lingüístico, o galego-português.

1 Xan

E eu alucino con imperialistas portugueses coma ti. Logo, resulta que eu serei un "facha nacionalista espanhol" por defender NA GALIZA SEMPRE EN GALEGO. NON aos imperialistas, sexan españois ou portugueses.

2 Jmpb

Hahahah... Sim, sim, como tu digas. Imperialista Português, sim. Sou um enviado especial de Lisboa para submeter a Galiza aos ditados de Passos Coelho... XD