O 061 atendeu a 39 persoas debido a 34 accidentes de tráfico rexistrados o fin de semana en estradas de Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2021 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu durante o fin de semana a 39 persoas debido a 34 accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega. O sábado foi a xornada con máis sinistros, un total de 18.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu 45 chamadas en relación con accidentes de tráfico entre as 15,00 horas do venres 23 de abril e as 23,59 horas do domingo 25. Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 39. En concreto, as ambulancias realizaron 37 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria restaron asistencia en dous accidentes.

En 32 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en sete ocasións recibiron atención no lugar do accidente. A proporción de homes atendida ascendeu ao 61,5 por cento e a de mulleres reduciuse ao 38,5%. En canto ás idades dos feridos, o 36% dos asistidos tiña entre os 25 e 39 anos.

Por provincias, a de Pontevedra, con 19 sinistros, foi a que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos do fin de semana; seguida da Coruña, con 10; Lugo, con tres; e Ourense, con dous.

Ambulancia do 061 / 061-GALICIA - Arquivo. / Europa Press
Ambulancia do 061 / 061-GALICIA - Arquivo. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta