Detectan 20 positivos de Covid en tres cribados en Marín

O Sergas realiza novas convocatorias esta semana nas localidades de Marín e Carballo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2021 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Os cribados poboacionais con PCR efectuados en pasados días no municipio pontevedrés de Marín con 4.157 persoas convocadas, das que asistiu case un 64%, saldáronse con 20 positivos de Covid-19 detectados. Así o informou este luns a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que puntualizou que foran citadas 4.157 persoas dos sectores educativo, empresarial e poboacional, das que asistiron voluntariamente 2.650, o que supón o 63,75 por cento.

Eses cribados voluntarios tiveron lugar entre o 21 e 23 de abril, un deles no centro CPR Inmaculada con 537 citados, dos que foron testados 500, e que se saldou con dous positivos. As mesmas fontes sanitarias sinalaron que nunha empresa do sector da pesca de Marín de 120 convocados participaron 117, e as probas saldáronse con 11 positivos por Covid-19. Ademais, nun cribado poboacional a persoas de 50 a 64 anos de idade con cartón sanitario activa no centro de saúde deste municipio, dos 2.650 cidadáns participantes obtivéronse sete positivos.

NOVOS CRIBADOS

Ao longo desta semana, a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés continuará con novos cribados preventivos en centros educativos do municipio de Marín co fin de detectar posibles novos casos asintomáticos deste coronavirus. Para levar a cabo estes cribados, equipos de traballo efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras nasofarínxeas e información dos usuarios.

Así mesmo, a área Sanitaria da Coruña e Cee asegura que continúa cunha "intensa actividade" de procura de casos positivos de Covid-19, polo que desde este martes día 27 ata o xoves, 29 de abril, terá lugar no municipio de Carballo un cribado poboacional mediante test PCR á veciñanza de entre 40 e 50 anos. O lugar elixido para as probas será o Centro de Saúde de Carballo, onde uns 5.160 veciños deste municipio pertencentes á franxa de idade establecida serán citados mediante mensaxe SMS nos seus teléfonos móbiles en horario de 9,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 21,00 horas.

Dispositivo de cribado masivo para detectar casos asintomáticos de coronavirus na Coruña
Dispositivo de cribado masivo para detectar casos asintomáticos de coronavirus na Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta