Encontrado sen vida un veciño de Narón de 78 anos que desaparecera horas antes

A súa falta denunciárana horas antes os seus familiares, que se decataron que se ausentou do domicilio familiar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2021 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

Un veciño de Narón  de 78 anos de idade foi localizado sen vida sobre as 13,30 horas deste luns, 26 de abril, en augas da Ría de Ferrol, nas proximidades do pantalán da Gándara, na zona de Longras, no mesmo municipio no que desaparecera.

A súa falta denunciárana horas antes os seus familiares, que se decataron que se ausentou do domicilio familiar, situado a menos de dous quilómetros de onde foi localizado, avistado polo propietario dunha embarcación menor e rescatado da auga por unha lancha de Salvamento Marítimo.

Unha vez en terra, unha comisión xudicial autorizou o levantamento do corpo e os restos mortais foron trasladados nun furgón fúnebre ao Hospital Naval de Ferrol, para que se lle practique a autopsia, que determinará as causas do seu falecemento.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta