Jazz en vivo para desafiar á pandemia

A Deputación da Coruña programa o ciclo 'Maio Jazz' no Teatro Colón da Coruña.

Por E.P. | A CORUÑA | 26/04/2021 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

O grupo Oîma e Pablo Sanmamed, Margarida Mariño e María Toro, coas súas bandas, protagonizarán o novo ciclo 'Maio Jazz' da área de Cultura da Deputación da Coruña. Os concertos terán lugar os domingos de maio, ás 20,00 horas, e a entrada será gratuíta ata completar o aforamento permitido.

O día 2 arrincará con Oîma, o trío composto por Antía Ameixeiras (violín), Olalla Liñares (clarinete) e Martiño Senande (acordeón diatónico) coa presentación do seu traballo 'Ala!'; o día 9 tocaralle a quenda a Pablo Sanmamed e o día 16 a Margarita Mariño e o 30 de maio María Toro pecha con 'Fume' esta primeira edición do ciclo.

"Comprácenos presentar un novo ciclo, en primeiro lugar, porque, neste tempo xa é unha boa noticia dar conta de algo que nace porque apunta ao proceso de recuperación que a música ao vivo necesita e, máis aínda, se é un programa da calidade", sinalou o deputado de Cultura, Xurxo Couto, na presentación.

Do ciclo, dixo tamén que contén "propostas extraordinarias que mostran a vitalidade e calidade desta nova xeración de artistas", sinalou o deputado provincial.

Presentación do ciclo 'Maio Jazz'. TORRECILLA
Presentación do ciclo 'Maio Jazz'. TORRECILLA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta