A CIG promove folga en H&M en Ourense contra o "brutal ERE" da empresa

No caso galego, implicará que só dúas das oito tendas queden "libres das consecuencias".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2021 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

O persoal de H&M en Ourense convocou dúas xornadas de folga para rexeitar o "drástico e inxustificado" expediente de regulación de emprego (ERE) que presentou a empresa téxtil e que suporá o despedimento de 1.100 traballadores no conxunto estatal, segundo informa a CIG.

Os paros, de 24 horas, están promovidos pola central nacionalista e terán lugar os próximos venres 30 de abril 30 de abril e sábado 8 de maio. Segundo denuncia a CIG, o ERE "salvaxe" da firma, no caso galego, implicará que só dúas das oito tendas queden "libres das consecuencias".

En tres dos outros seis establecementos, de acordo coa información da organización, "habería despedimentos e modificacións das condicións de traballo", en alusión a Lugo, Vigo-Gran Vía e A Coruña-Marineda. Outro tres (Vigo-Príncipe, Ferrol e Ourense-Paseo) "pecharían definitivamente", segundo a CIG.

En Ourense suporía a perda de 20 postos de traballo, en "unha das tendas máis rendibles" da empresa, advirte a organización sindical. Por iso, asegura que son os empregados de H&M de Ourense, "xunto coa CIG", os que acordaron a convocatoria de folga para ambos os días, "sumándose aos paros que os sindicatos vascos comezaron o pasado 22 de abril".

Con esta medida de presión reclaman que o ERE se negocie por territorios e non a nivel estatal, así como a retirada dos despedimentos nos centros de traballo que "nin tan sequera teñen perdas".

Tenda de H&M
Tenda de H&M

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta