O PP pide no Congreso novas titulacións de FP para que se recoñeza a formación da Escola de Cantaría de Poio

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2021 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

O Partido Popular pediu no Congreso que se modifique o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais e se inclúa unha nova titulación de Formación Profesional que se axuste aos ensinos de cantaría e mestre de cantaría que se imparten na Escola de Cantaría de Poio (Pontevedra).

Así o reclamaron os deputados nacionais do PP de Pontevedra, Ana Pastor, Diego Gago, Javier Bas e Juan Constenla, a través dunha proposición non de lei na que inclúen un segundo acordo para a homologación e validación dos títulos expedidos antes da modificación do catálogo.

Nun comunicado, o PP sinalou que mostrou en numerosas ocasións o seu apoio á Asociación da Escola de Canteiros de Poio, cos que mantiveron reunións para escoitar as súas inquietudes. Ademais, agora dá un paso máis ao reclamar no Congreso que o Goberno central recoñeza os ensinos que se imparten neste centro dependente da Deputación de Pontevedra.

Os populares entenden que é un centro de referencia para a provincia, "un centro único en Galicia que conta con gran prestixio e recoñecemento a nivel nacional" polo que "é importante que se plasme ese prestixio a través dunha titulación específica que depende do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

"Unha titulación que é fundamental para garantir o futuro da escola, dos alumnos e dos mestres, porque para recibir un certificado de profesionalidade non é necesario estar cinco anos nunha escola, con traballar nun taller, pagar unhas taxas e presentarse a un exame é suficiente", sinalan.

Acto na deputación de Pontevedra cos canteiros. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola deputada de Emprego, Montse Magallanes e profesor e membro da directiva da Escola de Cantería, Enrique Velasco, canda os canteiros Manuel Rial Pérez e Francisco Castro Freijo,
Acto na deputación de Pontevedra cos canteiros. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola deputada de Emprego, Montse Magallanes e profesor e membro da directiva da Escola de Cantería, Enrique Velasco, canda os canteiros Manuel Rial Pérez e Francisco Castro Freijo,

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta