A Xunta insiste na solución teléfonica tamén para atender aos maiores sós

Anuncia un teléfono da soidade, censos e lanzar redes locais de detección como medidas da estratexia galega de atención á soidade.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 26/04/2021 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

Fomentar redes no ámbito local que melloren a detección das persoas que viven en soidade non desexada e, chegado o momento, darlles recursos como un 'teléfono da soidade' ou articular censos que dean unha visión global da situación. Son propostas incluídas no segundo borrador da Estratexia Galega de Atención á Soidade non Desexada co que traballa a Xunta tras debater coas entidades do sector.

Tras realizar un diagnóstico da situación na Comunidade --na que o propio presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, concretou este luns que hai 126.000 persoas de máis de 65 anos que viven soas-- e fixarse en distintas medidas impulsadas a través de entidades ou a nivel municipal en España, a Administración galega avoga por converterse en "pioneira" e articular unha estratexia autonómica.

No borrador, que previsiblemente aínda sufrirá modificacións ata a súa aprobación definitiva (entre xuño e xullo é o prazo no que se podería dar este paso) detállanse varias liñas estratexias e actuacións concretas. Así, no ámbito da prevención se aposta polo fomento de programas dirixidos á participación cultural, política e social das persoas en risco de caer en soidade non desexada.

Tamén polo fomento do voluntariado e o asociacionismo de e entre maiores e persoas con discapacidade, así como o fomento de solucións de vivenda que fomenten o encontro e a interlocución entre as persoas (con propostas como as cooperativas, o 'cohousing' ou as vivendas interxeracionais); ou a optimización das redes de transporte para facilitar a mobilidade e participación.

Como segunda liña, se aposta por promover o envellecemento activo con medidas como o impulso á formación permanente e continua dos maiores incorporando as novas tecnoloxías.

CENSOS DE PERSOAS EN SITUACIÓN DE SOIDADE NON DESEXADA

Pero se en algo coinciden as entidades e a Xunta é en pór o foco na rede máis inmediata, impulsar proxectos que contribúan ao benestar das persoas que senten soas ou disepar espazos para a convivencia e habilitación de espazos de encontro no ámbito público.

Precisamente, en clave de detección, o documento constata a "gran dificultade" que entraña en ocasións detectar o problema debido a que a propia definición de soidade ten un compoñente de percepción subxectiva. Neste punto, pon o enfoque na contorna social e no sanitario.

De feito, ademais de apostar por potenciar o traballo coordinado entre administracións, tamén se fixa o reto de reforzar a coordinación sociosanitaria enfocada á detección destes casos, dando relevancia ao rol que xogan os servizos de Atención Primaria.

Así mesmo, se aposta polo desenvolvemento de proxectos de ámbito comunitario destinados a fortalecer as redes de apoio local que permitan a detección da soidade non desexada a modo de 'radares' e articulen as canles de comunicación necesarias para informar sobre a situación ás instancias pertinentes.

Feijóo e a conselleira de Política Social participan nunha xornada para deseñar a estratexia fronte á soidade non desexada. ANA VARELA/XUNTA / Europa Press
Feijóo e a conselleira de Política Social participan nunha xornada para deseñar a estratexia fronte á soidade non desexada. ANA VARELA/XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta