(Vídeo) Máis de cen ditos tradicionais para falarlles en galego aos máis pequenos

A compañía Migallas Teatro lanza a serie 'Brincadeiras na lingua', con refráns tradicionais galegos para cada momento de xogo cos máis pequenos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2021 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Varias semanas despois de que o Dígocho Eu de Esther Estévez recibira un premio da CTNL pola súa contribución á “autoestima dos galegofalantes” seguen a xurdir iniciativas audiovisuais na rede que tentar manter viva a lingua galega conservando formas tradicionais en proceso de se perder para sempre.

Carátula promocional da serie 'Brincadeiras da lingua', que recolle máis de cen ditos populares orientados aos máis pequenos
Carátula promocional da serie 'Brincadeiras da lingua', que recolle máis de cen ditos populares orientados aos máis pequenos | Fonte: Migallas Teatro

Tal é o caso da serie ‘Brincadeiras da lingua’, un conxunto de vídeos realizados por Migallas Teatro e que ten como obxectivo “fomentar a práctica” dos ditos tradicionais galegos. En particular, este produto audiovisual focalízase nos ditos infantís, os dirixidos aos máis pequenos, que recompilan e explican nuns vídeos breves que, polo momento, xa chegan á decena.

Segundo explican dende a compañía teatral, afincada en Pontevedra, “cada capítulo está dedicado a un tipo de ditos consonte a súa función: caricias no colo, para xogar coas mans, para abanear e cabalgar, para durmir e espertar, recitados dialogados, para acompañar xogos, para facer bromas, oracións de risas, disparates e trabalinguas”.

En conxunto, explican dende Migallas Teatro, a mostra suma cen brincadeiras, que quedan así recompiladas no audiovisual co obxectivo que axudar a “gozar e transmitir a lingua galega”. Na páxina web www.orellapendella.gal hai outros “centos de ditos” dispoñibles para quen queira consultalos e choutar á aventura de manter viva a fala. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta