Temas: PRESOS DEREITOS

Denuncian novos "abusos" sobre os presos da Lama "coa excusa da situación sanitaria"

'Abaixo os muros' acusa á dirección do centro de impoñer unhas medidas restritivas para os vises que, na práctica, estarían a invalidar o dereito.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Nova denuncia contra a “vulneración de dereitos” que, supostamente, estaría a ter lugar no interior do cárcere da Lama. A coordinadora anti-represiva galega Abaixo os muros! vén de denunciar unha problemática que, segundo a plataforma leva vixente no centro penitenciario pontevedrés dende mediados do mes pasado. Segundo destacan, a dirección do centro estaría a limitar de facto o dereitos dos presos ao vis a vis co gallo da circunstancia sanitaria. 

Prisión de A Lama
Prisión de A Lama | Fonte: blogcarcelalama.blogspot.com

Esta “vulneración grave e sistemática dos dereitos” dos presos na Lama viría nada logo de que os internos deste centro tiveran pasado “seis meses” sen a posibilidade de acceder a estes vis a vis que, de acordo coa plataforma, están considerados como dereito no regulamento carcelario español. A problemática viría por que, logo deste medio ano sen a posibilidade, os vis a vis regresan “nunhas condicións abusivas que, de novo, vulneran os seus dereitos básicos”.

A cuestión estaría en que, de acordo coa plataforma, “os presos e presas deberán gardar unhas corentenas de illamento de dez días logo de cada vis realizado, num modulo especial destinado a tal fin”. “Este illamento”, explican, “pode equiparar-se ao castigo mais duro que prevé o proprio Réxime Penitenciario (que é de 14 días), e aínda o supera, xa que  neste caso os presos permanecerán illados sen saídas ao patio (o illamento de castigo contempla unha saída de 2 horas)”. 

CORENTENA "INFUNDADA"

Estas restricións, desenvoltas ao amparo da situación sanitaria, está a implicar unha redución do número de vises solicitados, que de acordo coa plataforma denunciante é xa “moi inferior” ao agardado “debido ás consecuencias do exercicio deste ‘dereito’, que nestas condicións non merece  ese nome. Dende a asocicación subliñan que o illamento, por riba, desenvólvese de forma “infundada”, xa que as persoas con “colocadas en corentena” sen terlles practicado antes unha PCR e aínda que non mostren sequera síntomas de ter contraído a patoloxía. 

Temas: PRESOS DEREITOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta