Galicia segue á cola do estado en crecemento do PIB en 2019

Situouse en 23.873 euros por habitante fronte aos 35.913 de Madrid ou aos 26.426 da media estatal.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/04/2021 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou en 2019 un crecemento do PIB en termos de volume do 1,8%, un dato que se sitúa por encima da media da Unión Europea (1,6%) e por baixo da española, que estivo no 2%, segundo a Contabilidade Rexional de España (CRE), coa revisión estatística de 2019.

O PIB per cápita por habitante situouse en 2019 na comunidade autónoma galega en 23.873 euros, fronte aos 26.426 da media estatal. Madrid foi a que rexistrou o PIB per cápita máis elevado, 35.913 euros.

De acordo coa información facilitada este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE), Madrid foi a comunidade autónoma que rexistrou no ano 2019 un maior crecemento do seu PIB en termos de volume (2,6%). Seguíronlle Comunidade Foral de Navarra (2,5%) e Rexión de Murcia (2,3%).

As rexións con menores taxas de variación do PIB en termos de volume foron a cidade autónoma de Ceuta (0,6%), Castela e León (0,9%) e a cidade autónoma de Melilla (1,0%).

RENDA DOS FOGARES EN 2018

Mentres, a renda dispoñible per cápita en 2018 dos fogares galegos foi de 14.673 euros, por baixo da media nacional, 15.618 euros, e cun índice no caso de Galicia que se situou no 93,9.

Os fogares do País Vasco foron os que, en media, tiveron maior renda dispoñible per cápita en 2018, con 20.243 euros (cifra un 29,6% superior á de España).

Unhas persoas ceando no interior dun restaurante. M. Dylan - Europa Press
Unhas persoas ceando no interior dun restaurante. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta