Feridas tres persoas debido á colisión frontal de dous vehículos en Noia

Unha delas tivo que ser excarcerada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2021 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas este martes pola mañá despois de que chocaron frontalmente dous coches en Noia e foi necesaria a intervención dos servizos de emerxencia para liberar a unha das persoas accidentadas, que quedou atrapada no interior dun dos vehículos implicados.

Segundo informou o 112 Galicia, do tres persoas feridas dúas foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e unha ao centro HM Rosaleda.

O sinistro produciuse sobre as 10,00 horas no quilómetro 69,5 da estrada AC-550, ao seu paso por Noia. O 112 sinalou que unha testemuña do accidente puxo os feitos en coñecemento do servizo de emerxencias.

Tras iso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 solicitaron a intervención dos Bombeiros de Boiro, do GES de Noia, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Unha vez atendidas as persoas feridas, o servizo de mantemento levou a cabo as tarefas de limpeza na estrada e os axentes de Tráfico regularon a circulación de vehículos para restablecer de forma segura as condicións na vía.

Accidente en Noia
Accidente en Noia | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta