Talento autóctono e feminino na segunda edición do festival santiagués de artes performativas

As actividades, que se celebrarán entre o 26 de maio e o 5 de xuño, serán gratuítas e baixo previa inscrición na páxina web do certame.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/04/2021 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

A II edición de 'Plataforma. Festival de artes performativas', que terá lugar entre o 26 de maio e o 5 de xuño en Santiago, propón estee ano "unha gran aposta" polo talento galego cun cartel no que "máis do 70% de artistas son da comunidade", así como pola igualdade, "superando amplamente as mulleres artistas aos homes, algo que ocorreu de forma natural".

Así definiu esta nova edición uno dos organizadores, Iñaki Martínez, na presentación do festival este martes, na que estivo acompañado por outra das responsables, Mónica Maneiro, e pola concelleira de Acción cultural de Santiago, Mercedes Rosón.

A concelleira sinalou o outro gran alicerce dun certame que "reivindica a cultura con maiúsculas": "o compromiso co patrimonio material e inmaterial de Santiago". "Plataforma é un festival de cidade que representa todo o que é Compostela: inclusiva, educadora, motivadora, igualitaria e sustentable", destacou Rosón.

"Plataforma dá cobertura a traballos e artistas que están no límite das artes como tal definidas. Conxuga artes escénicas, literatura, música, arquitectura e outras tantas disciplinas; arte en acción que se desenvolverá nas rúas compostelás e en espazos como a galería Nordés, o Centro Galego de Arte Conteporáneo (CGAC) ou o Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas (Fundación DIDAC)", explicou Mónica Maneiro.

O obxectivo de levar o festival a diferentes espazos é, como sinalaron os responsables, "achegar estas artes ao público xeral, creando un efecto de ruta, de tránsito" entre 'performances'. Todas as actividades serán gratuítas e será necesario inscribirse e retirar a entrada na páxina web do festival --'plataforma.gal'--. Os horarios concretaranse en función da evolución da situación sanitaria.

A concelleira de Santiago, Mercedes Rosón, na presentación do festival 'Plataforma'. CONCELLO DE SANTIAGO
A concelleira de Santiago, Mercedes Rosón, na presentación do festival 'Plataforma'. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta