Temas: MúSICA

"Noutros países non se maltrata así a cultura"

Cada verán miles de amantes do metal deixan uns 3 millóns en Viveiro grazas ao crecemento do Resurrection Fest, nominado agora a mellor festival europeo de tamaño medio. GC entrevista a un dos promotores, Iván Méndez, sobre, entre outros temas, a suba do IVE, as subvencións á cultura e, por suposto, a música.

Por GC Tendencias | Viveiro | 13/10/2013 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

De 2.000 seguidores na edición de 2006 a 33.000 en 2013. Como se lograr facer un éxito dun festival de metal e punk q nun lugar tan afastado dos circuitos tradicionais como Viveiro?

Resurrection Fest 2013
Resurrection Fest 2013 | Fonte: Rubén Navarro

Todo comenzou co soño de dous rapaces que quixeron traer ao seu grupo favorito a Viveiro, Sick of it All, e acertaron porque a resposta do público foi espectacular. Dende esa primeira edición o festival foi evolucionando e crecendo ano a ano, pero sempre facendo as cousas desde a base e por suposto, escoitando ó noso público, ese é o punto de partida á hora de tomar cada decisión e tamén un dos motivos que explica a fidelidade dos nosos seguidores. Nós somos un festival feito por e para fans da música e por iso é moi importante que cada asistente se sinta parte do festival e que exista unha especie de vínculo emocional con cada un. Durante estos oito anos de historia, pasaron máis de 143.000 seguidores e o mellor é que, segundo as nosas enquisas, o 98% do público volvería sen coñecer o cartel.

Que significa para vostedes que o seu certame fose seleccionado como candidato a mellor festival europeo de tamaño medio polo European Festival Awards 2013?

É un grande honor estar entre os festivais máis importantes de toda Europa e é moi gratificante ver como todo o esforzo destes anos vese recoñecido internacionalmente. Non sabemos se gañaremos, pero intentarémolo de seguro co apoio dos nosos fans.

É certo que no metal e no punk existen un feixe de subxéneros, e que case todos eles xa estiveron representados neste evento. Con todo, tamén é evidente que o Resurrection é un festival moi especializado nun estilo de música. Por que se deu esta especialización? 

Resurrection Fest 2013
Resurrection Fest 2013 | Fonte: Rubén Navarro

Hai moitos xéneros musicais que non son tan populares ou “comerciais” en España que teñen moitísimos seguidores pero pouca oferta en directo. Hai concertos en salas dalgúns grupos, algúns festivais pequenos, pero non un festival de tres días no que se poida ver tanta variedade de música especializada, onde ninguén é un estraño e non importa como vistas ou que grupo che gosta. O ambiente é inmellorable e temos moi boa resposta de todo o mundo, vindo xa en peregrinación. E ben, si, sempre inflúen os gustos da organización.

O festival xa confirmou o seu primeiro cabeza de cartel. Trátase de NOFX, unha banda de referencia para os amantes do punk norteamericano dos noventa. Pódese adiantar alguna novidade máis do cartel do vindeiro verán? 

Cada ano intentamos superarnos co cartaz de cada edición. Polo de agora fumos quen de melloralo e este creemos que non será unha excepción. Sorprenderá gratamente a moitos e esperamos ter a mellor edición da historia do noso festival.

No sector cultural hai moitas queixas pola subida do IVE. En concreto no eido da música incluso se comenta que grandes músicos evitan España pola suba de impostos. Cal é a súa postura sobre esta polémica e como está a afectar esta suba ao Resurrection Fest?

A verdade é que nos afecta moito. Pasamos de ter que pagar un 8% a un 21%. Se lle sumamos a SGAE, temos que máis da terceira parte de cada entrada se esfuma directamente en este tipo de impostos. Este mismo ano non quixemos subir o prezo inicial das entradas pese a querer traer grupos máis grandes, porque non queremos pasarlle esta carga económica ao noso público, así que o mantivemos. Tendo en conta a crise actual e o gran paro xuvenil, os nosos seguidores téñeno moi difícil para acudir, sobre todo os que viven lonxe de Viveiro, mais son moi fieles e fan o imposible por vir. Aínda así, sabemos que hai xente que non pode vir e é unha mágoa que se maltrate a cultura así en España. Noutros países esto é inadmisible.

Os promotores tamén se queixan da caída de axudas públicas para este tipo de eventos. Que parte do orzamento do seu festival depende do erario público e cal é o seu punto de vista sobre o papel que deben xogar as administracións respecto a este tipo de eventos?

O festival conta con axuda de administracións públicas, e estes apoios supoñen un pilar importante para o festival, e dende a organización agradecemos a estas administracións que crean no noso proxecto e no que facemos. Pero a maior parte do financiamento do festival provén das entradas e os artículos relacionados có festival, como o merchandising, ademáis dos sponsors privados.

Os grandes festivais de música supoñen un elemento dinamizador, non só para a cultura, senón tamén para a economía e o turismo dunha rexión polo gran impacto económico e social que representan. Por iso as administracións deben axudar ós proxectos que teñan una boa base, xa que é unha inversión con un gran retorno a curto e medio prazo.

Calcularon o impacto que ten na economía de Viveiro os miles de persoas que cada verán acuden ao Festival?

Na súa última edición, estímase que o impacto socioeconómico en Viveiro é duns 3.3 millóns de euros na comarca, cunha evolución moi positiva dun ano para outro dende os nosos comezos. Ademáis, o público prolonga á súa estancia en Viveiro dunha semana a catro días, o que favorece aos bares, hoteis, restaurantes, supermercados, taxis, etc… Como dato, o Resurrection Fest crea uns 250 postos de traballo directos e máis de 500 indirectos.

Dende 2006, o seu concerto favorito no Resurrection foi …

Pennywise no 2011, un concerto memorable polo ben que o pasou a xente e incluso nós cantando co propio grupo.

Cal é a súa espiña cravada? Que banda lle gustaría ver tocar en Viveiro e aínda non puido traer?

Sen dúbida algunha, ter a Pantera na súa época con Phil Anselmo ou Dimebag Darrel (DEP) sería un soño para nós, pero desgraciadamente é algo que nunca acadaremos.

E que música se escoita nas súas oficinas mentres se organiza o Resurrection Fest 2014?

De todo un pouco, dependendo de se hai reunións, se estamos moi concentrados ou máis lixeiros de traballo. Moita música nova, moitos clásicos e novos grupos que están a punto de dar o salto a fama. Hai que estar na vanguardia.

Iván Méndez, do Resurrection Fest
Iván Méndez, do Resurrection Fest
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 penny lane

Independentemente do que beban, coman, fumen ou se droguen os que asisten (que saiba eu a maior parte teñen todo eso prohibido, son straight edge) que sexa vostede de Viveiro e non valore os 3,3 millóns de euros que se deixan na comarca, os 250 postos de traballo directos e os 500 indirectos nun contexto de crise como a actual (no que ata Alcoa tivo problemas para continuar e o solucionou gracias a intervención do Goberno) di moito de vostede. Pola miña parte, só teño que darlles as gracias a estes rapaces e a miña noraboa. Espero que cada vez as voces críticas sexan as menos e que o festival poida seguir en Viveiro, porque que vai seguir o teño claro.

1 deviveiro

Desexo que o festival siga en Viveiro, pero sen os meus impostos, o que queira ese tipo de espectaculos que os pague. Sabe vostede que en viveiro moitas empresas levan sen cobrar un peso todo o ano?. ou non se entera do que pasa!O festival existe porque son catro amiguiños de Roel,que chupan unhas subvencions a conta dos que pagamos impostos,ou non?

2 penny lane

Serán amigos de roel ou non, non o sei nin me importa, pero o festival da beneficios á zona e non perxudica a ninguén. Sinto moito o da súa empresa e o de outras tantas pero non creo que este festival teña a culpa, todo o contrario, axuda a moitas empresas a saír adiante.

3 Xan de Iza

¿O festival deixa beneficios na zona? Home, se a empresa organizadora "Old Navy Port Producciones S.L." está rexistrada en Vigo.... dubido bastante que pague os seus impostos en Viveiro. Dos beneficios que deixen no Gadis, xa os levarán a familia Tojeiro pola Gañidoira arriba. E no mes de Agosto, meu ben querido amigo, non fai falla festival ningún para que a hostelería traballe a tope. En fin...

2 undeviveiroquetraballa

por que se borran comentarios que non fan namais que denunciar a mamandurria que hai en Viveiro, creo na liberdade de expresion por eso leo a diario o GC pero eu non falto a naide dicindo que o concello de vIveiro dedicase a subvencionar a catro amigos que viven a conta dos noso impostos e as empresas estamos sin cobrar un peso.-Ahora se queredes borradeo tamen.

1 G.C.

No GC pódese criticar a calquera político e os que siguen estes foros saben que nunca se borran os comentarios. O que non se pode facer é insultar, nin a persoas concretas nin a grupos de persoas, señan estas simpatizantes dunha opción política ou os asistentes dun festival heavy.

2 undeviveiro

non insultei,so dixen que era un niño de porros e pastillas, a verdade, senon vide e vedeo vos en persoa. Fala un de viveiro

1 deviveiro

se lle chaman cultura a eso , eu chamome juan carlos primero de borbon. o que e' ese concert e' unha manda de porreros e pastilletos saltando coma tolos.