Denuncian "caos" na vacinación de dependentes no CHUAC que a Xunta nega

"Un desastre", apuntaba unha usuaria que acudiu coa súa nai. O Sergas din que son incidencias "puntuais"

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/04/2021 | Actualizada ás 21:13

Comparte esta noticia

"Isto é un caos, un desastre". É a denuncia que fixo unha muller que esta tarde acudiu coa sua nai dependente a punto de vacinación que o Sergas ten instalado no CHUAC da Coruña.

Colas de vacinación de dependentes no CHUAC da Coruña
Colas de vacinación de dependentes no CHUAC da Coruña | Fonte: remitida

"Só hai dúas enfermeiras e a cola para vacinarse daba dúas voltas", criticaba esta muller en declaracións a Galicia Confidencial que criticou a longa lista de agarda para vacinarse e o desastre organizativo.

Fontes do Sergas consultadas por GC negan a existencia de tal caos e destacan que se trata de incidencias "puntuais". "Estamos vacinando hoy no IFECO, en Oza, e no CHUAC a máis de 5.000 persoas. Seguro que se forman colas e o sentimos pero as campañas de vacinación masiva teñen estes inconvintes", indicaron.

En todo caso, destacaron que as críticas de algúns particulares no CHUAC foron puntuais. "Agora mesmo hai menos de 12 persoas agardando na cola e catro profesionais sanitarios vacinando", indicaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta