O Senado emenda a Lei de Cambio Climático sen o apoio de PP e Vox

O texto recolle, precisamente, a postura da Xunta e dos populares galegos de que a lei non teña efecto retroactivo nas concesións no dominio público marítimo.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 28/04/2021 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

O Pleno do Senado aprobou a Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética coa inclusión de emendas --presentadas por Cs-- que modifican o polémico artigo (20.4) relativo ás concesións no dominio público marítimo terrestre co fin de aclarar que non haberá efecto retroactivo. Agora o texto devolverase ao Congreso dos Deputados para culminar a súa tramitación lexislativa, antes da súa remisión definitiva ao Boletín Oficial do Estado.

Nun recente informe, o Consello Consultivo de Galicia concluíu que este artigo da Lei de Cambio Climático era inconstitucional ao considerar que afectaría tanto os prazos de duración das concesións --e das prórrogas outorgadas-- antes de que a norma entre en vigor como tamén á validez dos actos administrativos que se ditaron ao amparo da normativa anterior.

Esta cuestión, provocou que a Xunta anunciase que recorrería ao Tribunal Constitucional se non se modificaba ao texto, pois considera que ten como fin limitar a duración das concesións da Lei de Costas, cunha derrogación do prazo de ata 75 anos de prórroga extraordinaria, e a posta en risco do sector mar-industria galego, ao seu xuízo.

Precisamente, esa palabra de "ditado" é a que se cambia agora na emenda aceptada no Senado coa redacción de que "se diten tras a entrada en vigor" para matizar que non haberá efectos rectroactivos.

Respecto diso, o coordinador dos socialistas galegos no Senado, Xoaquín Fernández Leiceaga, destacou que a aprobación desta emenda serve para "despexar calquera sombra de dúbida" que puidese haber sobre a retroactividadd da norma, que se refira a "os actos que se diten" e non "aos ditados".

Nun comunicado, o socialista galego remarca que ningunha lei ten efectos retroactivos, pero opina que agora se exclúe calquera sospeita. Por todo iso, asegura que o sector pode ter "total tranquilidade".

RESPALDO, SALVO VOX E PP

A aprobación no Senado contou co respaldo de todos os grupos parlamentarios, excepto o de Vox, que votou en contra, e o PP, que finalmente se abstivo.

No Congreso dos Deputados, PP e Más País abstivéronse, mentres que na Cámara alta o PP mantivo a súa abstención e Más País decantouse finamente por apoiar a lei.

Arquivo - Planca na que se le 'Senado' na fachada exterior do edificio do Senado en Madrid.. Marta Fernández - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Planca na que se le 'Senado' na fachada exterior do edificio do Senado en Madrid.. Marta Fernández - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta