Pontón urxe a evitar un "novo espolio" coa retirada dos mobles do pazo de Meirás

Asegura que os dous últimos fallos da Audiencia Provincial pon en evidencia "unha anomalía democrática no Estado español"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2021 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

A líder do BNG, Ana Pontón, emprazou á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado a actuar de forma urxente para evitar "un novo espolio" coa retirada por parte da familia Franco dos mobles do Pazo de Meirás. "Tanto a Xunta como o Goberno central teñen na súa man instrumentos para evitar un novo saqueo da familia Franco", afirmou Pontón na xornada na que o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña acordou conceder ao Franco o prazo dun mes para a retirada dos bens do inmoble.

Ante iso, Pontón instou as administracións autonómica e estatal a actuar de forma urxente e avanzou que a súa formación levará ao Parlamento de Galicia unha iniciativa con propostas concretas para que tanto o Executivo estatal como o galego "actúen xa".

En concreto, en primeiro lugar, considerou necesario que o Estado presente un novo recurso para defender a titularidade pública dos bens que forman parte do ben de interese cultural (BIC), así como unha incidencia pola execución da sentenza do pasado mes de decembro ao considerar que "se vulnera o seu espírito".

"A Xunta débelle advertir á familia a imposibilidade de sacar de Meirás todos aqueles bens que forman parte do BIC", incidiu nunha comparecencia na que tachou de "burla" que o Goberno galego asegure que esta figura de protección só afecta á biblioteca de Emilia Pardo Bazán e ás estatuas do Pórtico da Gloria.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta