A Xunta terá lista o modelo de teletraballo para 22.000 funcionarios en dous anos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou este xoves o Plan 2021-2023 de posto dixital avanzado de persoal de emprego público, que afectará a unhas 22.000 persoas que traballan para a Administración e implicará a mobilización de máis de 20 millóns de euros.

O obxectivo deste plan é facilitar o traballo en mobilidade e a modalidade non presencial, para o que se actualizarán os medios tecnolóxicos. Os novos sistemas estenderán o uso das videoconferencias e comunicacións unificadas e proporcionarán ferramentas avanzadas de colaboración na nube.

O Consello tamén deu luz verde ao acordo marco para a virtualización de postos de traballo por un valor estimado de 8,66 millóns de euros.

Teletraballo
Teletraballo | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta