Aprendendo sobre ‘Froiticultura’ en Verín

O alumnado do “Obradoiro de Froiticultura Mocidade de Verín” visitou o pasado 28 de abril as instalacións do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde en Xinzo de Limia.

Por X.M. Fernández | Verín | 01/05/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O obxecto desta visita foi que o alumnado deste obradoiro coñeza os procesos básicos da sistemática de análise de solos, ademais das accións e servizos que o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico realiza no ámbito do sector primario provincial.

Visita dos rapaces do obradoiro. Foto: Inorde
Visita dos rapaces do obradoiro. Foto: Inorde

Nesta actividade abordouse a importancia que ten coñecer as necesidades dos cultivos, o respecto e os coidados que o agricultor lle debe dispensar ao solo de cultivo, a determinación e o control de pragas e enfermidades, a problemática dos agricultores de nova incorporación, a transición ecolóxica e a necesaria vinculación entre agricultura e medio natural.

ACTIVIDADES DO INORDE

O Inorde considera que a formación dos novos profesionais é unha liña de traballo esencial, co cal este tipo de iniciativas supoñen unha parte fundamental dos servizos que este organismo presta en apoio ao sector primario da provincia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta