Soben os casos activos en centros educativos ata case os 600

O principal aumento é na área de Pontevedra, con once novos castos. Tamén hai novos contaxios nas de Ourense, Ferrol e A Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2021 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 en centros educativos non universitarios e escolas infantís de Galicia ascenden, tras varios días con tendencia descendente, a 594, que supoñen 11 máis, mentres que as aulas inoperativas por este coronavirus baixan a 38, unha menos. A Comunidade galega segue sen centros pechados.

Segundo os datos actualizados este venres polas consellerías de Educación e Sanidade, as infeccións activas en centros educativos descenden nas áreas de Santiago (-1), Lugo (-1) e Vigo (-1), mentres que aumentan nas da Coruña (+1), Ferrol (+1), Ourense (+1) e Pontevedra (+11).

Por áreas, a de Vigo acumula 198 casos, un menos que a xornada pasada, e reduce a 23 as aulas pechadas, tres menos, catro delas no CPR Plurilingüe Pai Míguez que conta con seis contaxios; tres na escola infantil de Gondomar, que ten tres positivos; e unha no CPR Plurilingüe Bouza Brey da cidade olívica, que conta con 21 contaxios, un menos, o maior número de todos os centros de Galicia.

Séguelle a da Coruña, con 154 casos activos, un máis, e catro aulas pechadas, unha máis. O centro con máis contaxios segue sendo o IES Isidro Parga Pondal de Carballo, con oito positivos.

Pola súa banda, a área de Pontevedra sobe a 104 os casos activos, 11 máis, e segue con catro aulas inoperativas. O CPR Plurilingüe A Inmaculada continúa á cabeza en contaxios, con 17 positivos --dous menos-- e unha clase inoperativa.

Mentres, na de Santiago caen a 54 as infeccións activas --una menos-- e soben a tres as aulas pechadas --unha máis--. Nesta área o maior número de contagios concéntrano o CEIP Plurilingüe de Carnota e o CEIP Plurilingüe de Ventín en Ames, con catro casos activos cada un.

En canto á de Lugo, descenden a 41 os contaxios, un menos, e seguen dúas clases inoperativas, delas unha no CEIP de Casás da capital luguesa, que se mantén con nove contaxios.

MENOS CASOS

Con menos casos de Covid nos seus centros educativos seguen as áreas de Ourense e Ferrol. A primeira delas ten 30 contaxios, un máis que a xornada anterior e segue cunha aula pechada.

Polo seu lado, na área de Ferrol aumentan a 13 as infeccións activas de Covid-19 --unha máis--, distribuídas en 10 centros educativos, e continúa cunha aula inoperativa.

O colexio público CEIP Paradai, en Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press
O colexio público CEIP Paradai, en Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta