Dúas vivendas calcinadas e unha persoa con queimaduras nun incendio nun poboado de Ourense

Unha persoa tivo que ser evacuada de emerxencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2021 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

Unha persoa tivo que ser evacuada de emerxencia ao sufrir queimaduras tras producirse un incendio na súa vivenda da rúa Río Mao de Ourense. Diso informou na mañá deste sábado o CIAE 112 Galicia, que sitúa o incidente ao redor das 05,30 horas nunha zona de infravivendas da cidade ourensá.

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos bombeiros, Policía Local e de Urxencias Sanitarias 061. Estes últimos trasladaron ao CHUO ao ferido, que presentaba feridas por queimaduras. As chamas, sufocadas polos profesionais dos bombeiros, afectaron a dúas vivendas do poboado.

Parque de Bombeiros. EUROPA PRESS - Arquivo
Parque de Bombeiros. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta