Un terremoto de intensidade moderada azouta todo o sur de Ourense

O epicentro estaba en Baltar e foi de 3,2 de magnitude.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2021 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

O sur do municipio ourensán de Baltar foi o epicentro dun sismo de magnitude 3,2 na escala Richter que se deixou notar en varias localidades á redonda.

Segundo a información ofrecida polo Instituto Xeográfico Nacional, o terremoto produciuse ás 02,17 horas do sábado a escasos quilómetros da fronteira entre Galicia e Portugal, dentro do concello de Baltar.

O tremor de terra foi percibido en varias localidades da contorna, chegando a sentirse en Xinzo de Limia, a máis de 25 quilómetros do epicentro do sismo.

Mapa do terremoto de 3,2 de magnitude rexistrado no municipio ourensán de Baltar. INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL
Mapa do terremoto de 3,2 de magnitude rexistrado no municipio ourensán de Baltar. INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta