Feijóo pon en dúbida as ameazas de cartas con balas: "Ao final todo se sabe aínda que Interior non o comunique"

Cre que a campaña madrileña deixa "cousas para esquecer".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2021 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cre que a campaña das eleccións madrileñas deste martes 4 de maio deixa "cousas para esquecer", á vez que dixo que "ao final todo se sabe". "Aínda que o Ministerio do Interior non o comunique, ao final todo se acaba sabendo", dixo.

Núñez Feijóo pronunciou estas declaracións tras ser cuestionado polos xornalistas sobre os comicios de Madrid nun acto celebrado este luns en Pontevedra, onde manifestou o seu desexo de que tanto a xornada de reflexión como as votacións do martes se desenvolvan "coa normalidade que require unha comunidade tan importante como Madrid".

"Creo que houbo touros nas Vendas e iso é unha boa noticia", respondeu Feijóo ao ser interpelado sobre o peche dunha campaña que, ao seu xuízo, foi "moi movida" e deixa "cousas para esquecer".

"Se hai un manual das campañas que non se deben facer, na miña opinión é algunhas das cousas que vimos dalgúns partidos", asegurou Feijóo, que o pasado xoves tachou de "espectáculo" o vivido en Madrid "usando a empresa pública Correos" para "facer unha campaña", en referencia ás cartas amenazantas (con balas) recibidas por dirixentes como o líder de Podemos, Pablo Iglesias, ou o ministro de Interior, Fernado Grande-Marlaska.

"Ao final todo se sabe. E aínda que o Ministerio de Interior non o comunique, ao final todo se acaba sabendo", aseverou Núñez Feijóo , que, a continuación, emprazou a "cumprir" coa xornada de reflexión previa ás eleccións deste martes.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fai declaracións aos medios no acto do arranque das obras do hospital Gran Montecelo. DAVID CABEZÓN / XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fai declaracións aos medios no acto do arranque das obras do hospital Gran Montecelo. DAVID CABEZÓN / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta