Desarticulan un punto de venda de drogas en Vilagarcía

As informacións iniciais partiron de axentes policiais e de veciños da zona que alertaron de que nun punto concreto da localidade supostamente se vendía droga "polo miúdo".

Por E.P. | PONTEVEDRA | 04/05/2021 | Actualizada ás 16:33

Comparte esta noticia

A Policía Nacional de Vilagarcía de Arousa detivo a un veciño deste municipio de 48 anos de idade, con antecedentes policiais, por un delito de tráfico de drogas pola venda polo miúdo de haxix, marihuana e heroína a terceiras persoas. Segundo informou a Policía Nacional, con este operativo considérase desarticulado un punto de venda de drogas en "pleno centro" desta localidade arousá.

As informacións iniciais partiron de axentes policiais e de veciños da zona que alertaron de que nun punto concreto da localidade supostamente se vendía droga "polo miúdo" con, engaden as mesmas fontes, "unha continua trasfega de persoas e vehículos para adquirir sustancias estupefacientes". En base a esas informacións os axentes iniciaron as pescudas que levaron á incautación de varias vendas de pequenas cantidades de haxix, marihuana e heroína a outros tantos compradores.

Os axentes observaron un intercambio con outro mozo no momento de extraer unha bolsa que levaba nun peto do pantalón e o outro lle entregaba un billete. Tras identificar a ambos e un cacheo de seguridade os axentes policiais interviñéronlle ao detido 16 envoltorios plásticos termosellados cunha sustancia marrón, supostamente heroína, e 70 euros en billetes fraccionados que ocultaba nas costas debaixo da camiseta. Por todo iso os axentes policiais detiveron ao presunto autor por un delito contra a saúde pública.

Efectos intervidos nun operativo no que se desarticulou un punto de venda de droga en Vilagarcía (Pontevedra).. POLICÍA NACIONAL
Efectos intervidos nun operativo no que se desarticulou un punto de venda de droga en Vilagarcía (Pontevedra).. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta