Feijóo di que o colectivo de entre 66 e 69 anos, que empeza a vacinarse esta semana, recibirá Pfizer

Di que así o considerou a comisión de vacinación do Consello Interterritorial da Saúde

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2021 | Actualizada ás 21:55

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou este martes que os galegos de entre 66 e 69 anos que sexan citados para vacinarse contra a covid-19 recibirán Pfizer. En concreto, o Servizo Galego de Saúde aspira a vacinar ao 70% da poboación desta franxa de idade entre o venres e o sábado cunhas 90.000 citas previstas.

Despois de recibir a súa primeira dose de AstraZeneca, o presidente galego explicou que o cambio na decisión de que o colectivo de 66 a 69 reciba Pfizer débese a que así o considerou a comisión de vacinación do Consello Interterritorial da Saúde.

"Considerou que non podíasmos esperar a AstraZeneca, que xa tiñamos Pfizer e que, por tanto, o mellor era nesa franxa de idade meter Pfizer e non baixar de 59 cara abaixo, que era o que estaba previsto", explicou.

"Houbo ese cambio e creo que o mellor é facer as cousas de común acordo, aínda que se pode discutir se é razoable ou non", recalcou Feijóo, tendo en conta que a Xunta defendera o uso de AstraZeneca para o colectivo en cuestión.

MARXE PARA As VACINAS DE ASTRAZENECA

En canto ao que sucederá coas vacinas de AstraZeneca que puidesen quedar sen usar, o presidente asegurou non ter moi claro a que poboación diana se dispernsarán, pero indicou que será decisión do Consello Interterritorial.

"Imaxínome, de acordo coas declaracións de Pedro Sánchez, que España vai doar vacinas a países con dificultades e que estaremos a falar desa marca. Pero é unha suposición", resolveu.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, despois de vacinarse contra o Covid-19 na Cidade da Cultura de Santiago, a 4 de maio de 2021, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España).. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, despois de vacinarse contra o Covid-19 na Cidade da Cultura de Santiago, a 4 de maio de 2021, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España).. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Raquel

Na cidade da cultura hoxe AstraZeneca.

1 María Luisa

Pues en Lugo se vacuna a la franja de 66 69 con Astra Zeneca. Es una declaración, a título de deseo personal?. Cuando habla de Xunta a qué se refiere?. Ya que declara que la Xunta persistirá en la indicación de Astra para esa franja de edad.....