Eleccións Madrid: O PPdeG acende as redes cun tuit moi duro contra Pablo Iglesias

Feijóo felicita a Díaz Ayuso asumindo o seu discurso mentres Ana Pontón alerta da deriva "ultra" da política. Gonzalo Caballero e o PSdeG gardan silencio.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2021 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

A noite electoral madrileña deixa un escenario cambiado que, lonxe de quedar na capital do Estado, podería rematar afectando á totalidade do taboleiro estatal. Cando menos ese era o desexo que se traducía nos ollos de Pablo Casado no momento de saír ao balcón de Génova 13 agarrado á trunfante Isabel Díaz Ayuso. Cheguen ou non as ondas das eleccións madrileñas ao panorama estatal, a noite deixa outra nova que será histórica e para moitos segue aínda sen dixerir: a marcha de Pablo Iglesias.

O ex vicepresidente segundo do Goberno e secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias. EUROPA PRESS
O ex vicepresidente segundo do Goberno e secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias. EUROPA PRESS | Fonte: J. Hellín. POOL - Europa Press

O anuncio do abandono do ata hai pouco vicepresidente terceiro chegaba a escasos minutos da medianoite e creaba, á súa vez, unha onda expansiva de reaccións políticas que, por suposto, tamén chegou a Galicia. Entre as máis comentadas da noite sobresaíu un polémico chío do Partido Popular de Galicia no que se referían nestes termos á marcha de Iglesias.

A intervención, lonxe de quedar nunha cuestión actual, trouxo cola ante as moitas respostas de rexeitamento recibidas polo PPdeG e ante as cales os populares de Galicia non dubidaron en responder. Así o fixeron ante o reproche da deputada no Congreso polo PSdeG Pilar Cancela.

Máis afables foron as despedidas de dous dos ex alcaldes que, nos primeiros anos de Podemos, conseguiron chegar ao poder dalgunhas das principais cidades de Galicia ao abeiro dun movemento que remataría por se esborrallar nos comicios seguintes.

FEIJÓO CELEBRA "TRUNFO INAPELABLE"

Menos se mollou o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que se limitou a felicitar a Díaz Ayuso pola victoria en ton institucional pero asumindo polémico discurso empregado pola Presidenta en funcións da Comunidade. 


Na mesma xornada, presidente da Xunta recoñeceu que, tras os resultados en Madrid, Isabel Díaz Ayuso "converteuse nunha das presidentas autonómicas máis importantes de España". Ao seu modo de ver, o seu "triunfo inapelable" non só deu ao líder do PP, Pablo Casado, unha das súas "mellores" noites electorais --xunto con Galicia--, senón que é "un anticipo" do que esperan os españois.

De feito, Feijóo, quen evitou pronunciarse sobre as 'dúas almas' que poden representar no PP as súas políticas e as de Ayuso, trasladou que mantivo unha conversación a pasada noite co seu xefe de filas. "Imaxínome e así o falamos onte pola noite, que xa está a pensar en como ten que seguir e avanzar para que o que ocorreu en Madrid ocorra en España cando (Pedro) Sánchez chame ás urnas", sentenciou, en declaracións aos medios en Lugo.

"Creo que o Goberno central ten que tomar nota porque as súas políticas foron derrotadas nas urnas, e foron derrotadas con tanta contundencia que non valen explicacións, nin desculpas", dixo o dirixente galego. "Ten que tomar nota e non pode seguir xestionando con tanta soberbia, ten que falar máis coas comunidades autónomas, non se pode xestionar de forma sectaria un país", engadiu.

BNG E PSDEG

Da banda da oposición, as reacción viñeiron da voceira nacional do BNG, Ana Pontón, que censurou a victoria da dereita "trumpista" e máis ultra. O Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, garda silencio polo momento, así como a súa formación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta