A Xunta recoñece tres bosques autóctonos pero non os protexe contra a avalancha eólica

As masas de árbores, situadas en Ourense, terán prioridade para recibir subvencións, pero sen pechar a porta á súa desforestación para proxectos industriais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2021 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se somete a información pública o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas os montes de Sierra Malveda, Caprada e Galegas, situados no concello de Rubiá, en Ourense.

A partir deste xoves, abrirase un prazo de dous meses para que calquera persoa, física ou xurídica, poida examinar no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Medio Rural de Ourense os documentos correspondentes a este expediente de inscrición.

O monte do municipio de Rubiá é titularidade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Oulego, Sierra Malveda, Capadra e Galegas, cunha superficie de 1.255 hectáreas, das que 105,24 están ocupadas por aciñeiras e serán inscritas no rexistro da Xunta.

Souto de Santa Eufemia, Folgoso do Courel (Lugo), Premio Bosque Ameazado 2010. FRAN NIETO, BOSQUES SIN FRONTERAS
Souto de Santa Eufemia, Folgoso do Courel (Lugo), Premio Bosque Ameazado 2010. FRAN NIETO, BOSQUES SIN FRONTERAS | Fonte: EUROPA PRESS

SEN PROTECCIÓN

Segundo o Decreto que regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, nesta lista inscríbense aquelas con unha superficie mínima de 15 hectáreas, que poden estar constituídas por cotos redondos, sempre que teñan un mínimo de 3,75 hectáreas e unha idade media de 20 anos.

Este Decreto establece unha serie de medidas: prioridade na concesión de axudas públicas, a divulgación de valores e utilidades directas destas masas frondosas e o fomento do desenvolvemento de vantaxes fiscais para os seus titulares. Porén, e a priori, non surtiría protección contra a avanlancha eólica que está a sufrir a comunidade coa luz verde da Xunta de Galicia e o Goberno central. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta