Música en vivo para visibilizar o labor docente do Conservatorio de Verín

O Conservatorio Profesional de Música de Verín, coa colaboración da súa AMPA e da concellería de Educación Cultura e Festexos do Concello de Verín, están levando a cabo o ciclo de concertos “Emerxen os directos”.

Por X.M. Fernández | Verín | 06/05/2021 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

Trátase dunha iniciativa que pretende poñer en valor o labor docente levado a cabo polo Conservatorio durante todo o curso lectivo no Auditorio Municipal,. Deste xeito, achegarán á cidadanía de Verín diferentes xéneros musicais; dende a música mais moderna ata a máis clásica, sen esquecer tampouco a   tradicional.

Concerto de Sta Icía do CMUS (arquivo). Foto: Concello de Verín
Concerto de Sta Icía do CMUS (arquivo). Foto: Concello de Verín

As persoas interesadas en acudir a algún dos concertos disporán de entradas, dous días antes de cada evento, no Auditorio Municipal de Verín en horario de 17.00 a 20.00 horas.

Malia ser actuacións de carácter gratuíto, o control de aforo realizarase para adaptarse aos protocolos de seguridade sanitaria vixentes.

CONCERTOS PROGRAMADOS

-AUDICIÓN DE PIANO DO CMUS PROFESIONAL DE OURENSE.

Mércores 12 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.

-BIG BAND DO CMUS

Xoves 13 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.

-TRÍO VOLUNTAS

Sábado 15 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.

-CATRO CORES

Sábado 29 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.

-CONCERTO BENÉFICO DO CMUS VERÍN

Sábado 5 de xuño, ás 12:00 horas, no patio  C.P.R Mercedarios.

-GALA DE GRADUACIÓN | ARTISTAS INVITADAS: CAAMAÑO E AMEIXEIRAS

Domingo 13 de xuño, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta