Ferido un operario tras caer desde unha altura de cinco metros en Vilasantar

O 061 comunicou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago para trasladar ao ferido ata o centro sanitario.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2021 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

Un operario foi evacuado de urxencia tras caer dunha altura duns cinco metros e resultar ferido o municipio de Vilasantar, na Coruña.

A central de Emerxencias recibiu o aviso sobre as 17,30 horas, en concreto dun accidente laboral tras unha caída dun traballador, que estaba nunha zona de difícil acceso.

O 061 comunicou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago para trasladar ao ferido ata o centro sanitario. O 112 informou do ocorrido a Bombeiros de Arzúa e GES de Curtis, ademais da Garda Civil e de Protección Civil.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta