Financiamento da Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico en museos e centros da provincia

A iniciativa súmase á convocatoria de persoal técnico cultural pola que se promove a profesionalización das áreas de cultura municipais, segundo informa.

Por E.P. | A CORUÑA | 05/05/2021 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

A área de Cultura da Deputación da Coruña destina 282.930 euros ao financiamento de 37 contratacións en museos e centros de interpretación de 32 concellos.

A iniciativa súmase á convocatoria de persoal técnico cultural pola que se promove a profesionalización das áreas de cultura municipais, segundo informa.

Nesta nova edición, o orzamento da Deputación da Coruña ascende a 382.929,52 euros que se distribúe en 32 concellos, cinco deles, Camariñas, Muros, Porto do Son, Rianxo e Ribeira, coa concesión de subvención para dous centros do municipio.

"Trátase dunha liña de axudas de especial interese porque contribúe á atención profesionalizada de museos e outros centros que son referentes culturais no territorio ademais de recursos de especial interese no ámbito do turismo cultural", sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta