Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2021 | Actualizada ás 20:24
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño --da que forma parte a Deputación de Pontevedra-- pide á Xunta "coherencia" sobre a apertura da fronteira con Portugal e que "deixe sen efecto o perímetro autonómico" no territorio do Miño.
O vicedirector da agrupación, Uxío Benítez, subliñou que as restricións impostas polo Goberno galego "só deixando cruzar por motivos xustificados, non teñen sentido por motivos sanitarios, xa que a parte portuguesa ten mellores datos de incidencia acumulada que a parte galega".
Benítez destaca que hai unha "contradición manifesta" da postura da Xunta cando era o Goberno central o que mantiña a fronteira pechada e agora, cando lle corresponde tomar decisións "inicialmente estaba a favor da apertura de todos os pasos e de flexibilizar a mobilidade e agora avoga por manter o peche".
O deputado provincial lembrou que o pasado 3 de marzo, cando os datos sanitarios eran moito peores, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou nunha reunión co presidente da CCDR-N e representantes do tres agrupacións europeas de cooperación territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, e apoiou que se mantivesen abertos o maior número de pasos fronteirizos posibles e tivésense en conta as peculariedades desas áreas. "Por que cambiaron de opinión? Se hai unha semana estaban a favor de abrir, Por que piden agora ao Goberno central que manteña os controis?", preguntouse.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.