Temas: MúSICA

"Los Wattsons, elemental mi querido Holmes"

Misterio, literatura, indie, escándalo, decadencia, caos, rock, vicio, bohemia e música. Estes son Los Wattsons. Unha conversa con Sue Rainbow ao obxetivo.

Por Sue Rainbow | Santiago de Compostela | 29/10/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

De onde sae o nome do voso grupo?

Los Wattsons by www.suerainbow.com
Los Wattsons by www.suerainbow.com

Estábamos no cine vendo todos xuntos a peli de Guy Richie sobre Sherlock Holmes e gustounos tanto que pensamos en chamarnos Los Wattsons, foi a suxerencia dun colega e amigo Edu Evia , para que xogaramos coa fonética dos fillos do wattio, sen perder a esencia de Conan Doyle.

Hai un líder?

Jacobo, elemental.

Cando rematades os concertos, que se leva a moza máis guapa do local?

Fran, elemental.

Algunha anécdota do novo videoclip?

As bromas e púas sobre os pés (cando vexades o vídeo de Irene Adler o entenderedes).

Compoñedes os temas estando tristes ou preferides a estabilidade emocional?

A verdade é que iso, aínda que sexa un tópico, non se cumpre na nosa banda. Nos creamos ficcións por riba doutra ficcións, baseamos as nosas cancións, polo xeral, en libros e pelis, polo que máis que a nosa situación sentimental ou emocional, inflúenos o grado de alucine que teñamos có ultimo libro ou película que remataramos de ver ou ler.

O próximo álbum para cando?

En breves sairá “Escándalo en Bohemia”, non podemos precisar aínda unha data de saída (secreto de sumario) pero para este outono/inverno xa estará a venda, para deleitarvos, ou iso agardamos.

Tal e como está o panorama, tedes a gran sorte de poder dicir que os dedicades en exclusiva a música?

Xusto o contrario, temos a gran sorte de ter traballos que nos permiten adicarnos a música

Que consellos daríalles aos músicos que están empezando?

Tocar, tocar, tocar e tocar e divertirse .

Que tipo de inversión tivechedes que facer para chegar a onde estades?

Tempo, cartos, e moito alcool.

Preocúpavos a vosa imaxen e dádelles máis importancia a hora de ires a dar un concerto?

A verdade que moito, sempre tentamos de pensar que o que imos transmitir e cómo queremos que nos vexan dende fóra, somos moi narcisistas.

Diríades que sodes show-mans o máis ben tipo cantautores?

Show-mans totais!! Queremos que a xente se integre nos nosos concertos, non que estea parada mirando.

Contádenos por último sobre as vosas influencias, ¿que escoitades para inspirarvos?

Todos medramos escoitando aos clásicos dos 60 e 70, os nosos país puñannos na casa discos dos Beatles, Rolling, Cream e a Creedence, por poñer un exemplo. Tamén collemos trazos do grunge e incluso do punk e agro-rock dos 90, aínda que sobre todo o que máis nos influíu para os temas de “Escándalo en Bohemia” foron os grupos máis cercanos e os que máis tempo escoitamos nos últimos 5 anos, Sidonie, Kasabian, Columpio Asesino, Black Keys, Second, os primeiros Strokes, Niños Mutantes, Mando Diao, Aston Martins, The Killers e porque non, La Doble Fila.

Foto por http://www.suerainbow.com/

Agradementos: https://www.facebook.com/hotelnhobradoiro

Los Wattsons

https://www.facebook.com/loswattsons

https://twitter.com/loswattsons

Contratación: management@drstudios.es - 981273915

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta