O accidente dunha aeronave que transportaba órganos transcende catro meses despois

O avión despegaba do aeroporto coruñés de Alvedro con destino Vigo cando chocou cunhas balizas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2021 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

Unha aeronave que transportaba órganos entre os aeroportos da Coruña e de Vigo sufriu un choque contra balizas no seu despegamento, nun accidente ocorrido a finais do mes de febreiro.

Así figura nos datos preliminares do informe realizado pola Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil, a falta de que se publique o informe técnico coas conclusións.

O accidente tivo lugar o domingo 21 de febreiro, ás 20,45 horas, no aeroporto de Alvedro. Así, mentres rodaba en carreira de despegamento pola pista 21 do aeroporto da Coruña, con destino Vigo, nun voo de transporte de órganos, a aeronave "sufriu unha desviación da súa traxectoria de modo que o tren de morro golpeou dúas balizas de sinalización do lateral de pista, rompéndoas".

A pesar dese impacto, a aeronave conseguiu despegar e proseguiu o voo cara ao seu destino. Ningunha das dúas persoas que viaxaban no vehículo resultou ferida.

Pola súa banda, o avión lixeiro CESSNA 525 resultou con danos menores no tren de aterraxe de morro, segundo o informe preliminar da investigación.

Aeroporto de Alvedro, A Coruña
Aeroporto de Alvedro, A Coruña | Fonte: Concello da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta